martes, 9 de diciembre de 2008

Dixestión

CUESTIONARIO DE BIOLOXÍA

Que é dixestión?
É o proceso polo que os alimentos complexos transfórmanse en substancias máis simples.

Que é a dixestión bucal?
É a primeira etapa e comeza cando os alimentos ingresan na boca e son triturados polos dentes coa mastigación e mesturados coa saliva producida por tres pares de glándulas: parótides, sublinguais e submaxilares.

Como se diferencian dixestión mecánica e a dixestión química?
- Digestión mecánica: transformacións mediadas por trituración e os movementos de mestura. Non altera a composición química nin a natureza dos alimentos.
- Dixestión química: dixestión por medio de enzimas específicos. Altera a composición química e a natureza dos alimentos.

Que son os zumes dixestivos?
Son todas as substancias que conteñen enzimas e participan na dixestión.
Exemplos: saliva, bile, zume gástrico, zume pancreático, zume intestinal.

Como está formada a saliva? Cal é a función de cada un dos seus compoñentes?
A saliva está formada, nun 95%, por auga e o 5% restante por solutos tales como ións sodio, potasio, ións cloruro, bicarbonato e fosfatos. Hai ademáis unha substancia cerosa chamada mucus e dous enzimas: a amilasa salival e a lisozima.
Auga: permite que os alimentos se disolvan e que sintamos o seu sabor.
Ións cloruro: Activan a amilasa salival.
Bicarbonato e fosfato: Neutralizan o pH dos alimentos moi ácidos.
Mucus: Lubrica o bolo alimenticio para que poida avanzar ao longo do tubo dixestivo.
Lisozima: Destrúe as bacterias protexiendo os dentes das caries.

Como está formado o zume gástrico? Cal é a función de cada un dos seus compoñentes?
O zume gástrico contén Ácido Clorhídrico (HCI) e pepsinóxeno.
- Ácido Clorhídrico (HCI): confírelle un pH ácido (pH=2) ao zume gástrico o que permite a ruptura das proteínas presentes no bolo. Permite, ademais, a eliminación de bacterias contidas nos alimentos, o que se coñece como efecto bactericida.
- Pepsinóxeno: Pepsina inactiva. A pepsina é unha substancia que degrada as proteínas ata péptidos. É secretada en estado inactivo para que non degrade as proteínas das células que as secretan.

Como está formado o zume pancreático? Cal é a función de cada un dos seus compoñentes?
O zume pancreático componse de auga, sales minerais, bicarbonato de sodio e os enzimas chamados xenericamente proteasas que degradan proteínas: tripsina, quimiotripsina e carboxipeptidasa.

Como está formado o zume intestinal? Cal é a función de cada un dos seus compoñentes?
O zume intestinal está formado por auga, mucus e enzimas dixestivos tales como maltasa, sacarasa, lactasa e peptidasas que actúan sobre os nutrientes presentes no quimo.

Como está formada a bile? Cal é a función de cada uno dos seus compoñentes?
A bile está constituida por auga, ácidos biliares, sales biliares, colesterol, lecitina, pigmentos biliares e diversos ións. A bile emulsiona as graxas no duodeno logo de ser producida no fígado, almacenada na vesícula biliar e transportada polo colédoco ao duodeno.

Que cambios experimentan cada un dos nutrientes na boca, o estómago e o intestino?
Boca:
- Glícidos: a Amilasa Salival os degrada a disacáridos.

Estómago:
- Proteínas: o enzima Pepsina os degrada a polipéptidos.
- Lípidos: a Lipasa Gástrica degrada os triglicéridos en ácidos graxos e glicerol.

Intestino:
- Proteínas: os enzimas tripsina, quimiotripsina e carboxipeptidasa (enzimas proteasas) os degradan a péptidos e logo o enzima peptidasa os degrada a aminoácidos.
- Glícidos complexos: o amilasa pancreática degrada o amidón ata maltosa e logo o enzima maltasa degrada o amidón a monosacárido (antes disacárido).
- Lípidos: a bile os emulsiona (son graxas) e logo a lipasa pancreática os degrada en ácidos graxos, glicerol e monoglicéridos.
- Glícidos simples: os enzimas lactasa e sacarasa os degradan a monosacáridos.

Cales son as moléculas que resultan ao final da dixestión?
Glicosa, sodio, aminoácidos e lípidos.